Bos días dende Alternativas-Xustiza. Se tes pensado participar no concurso de traslado, moito ollo cos códigos, que deben corresponderse cos publicados para este concurso, tanto no anexo I coma nas resultas.
Como se di expresamente na convocatoria:
"Non se admitirá ningunha modificación da solicitude de destino formulada nin desistencia na participación no concurso unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias. Tampouco se admitirá, unha vez resolto o concurso provisional ou definitivamente, a renuncia ao destino obtivo, por ningún motivo alegado, nin tampouco polo feito de se equivocar o concursante á hora de consignar os número de orde da instgancia, por lo que os funcionarios que participen no concurso, deberán asegurarse de que os números de orde de convocatoria que solicitan se correpsonden exactamente coas denominacións dos órganos xudiciais ofertados".
E moi recomendable utilizar o asistente AINOA, pero coa precaución de non xerar o impreso definitivo até que estemos seguros das prazas solicitados e da súa orde. Mentres tanto, a solicitude debe permanecer no modo borrador.
Prazo
Unha vez publicada a convocatoria do concurso de traslados no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia do 19 de maio, o prazo para a presentación de solicitudes é de dez días naturais.
Solicitude
O número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas non poderá superar os 200 números de orde.
Coa soa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas vacantes anunciadas para ese número de orde do corpo correspondente existentes no dito órgano e, así mesmo, todas as súas posibles resultas naqueles casos en que se anuncien.
Poden solicitarse intercaladas vacantes e resultas.
As prazas vacantes poden consultarse na páxina web do Ministerio de Xustiza:
www.mjusticia.es > Servicios al ciudadano > Empleo Público > Concursos de traslado
Identificación das siglas que aparecen en determinadas prazas:
(VSM) Violencia sobre a muller
(GA) Gardas
(AV) Asistencia á vítima
(HE) Horario especial
(CP) Centro penitenciario
(ML) Medicina Legal
(DE) Dedicación especial
Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da comunidade autónoma.
Os documentos que se acheguen acreditativos destes coñecementos do idioma deberán ser fotocopias compulsadas, e non se valorarán os que non cumpran este requisito.
Renuncia. Carácter vinculante da solicitude
A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, no senso de que non será posible a súa modificación. Se alguén desexa rectificar a súa instancia, poderá presentar unha nova solicitude para o mesmo corpo/escala na que participaba antes do remate do prazo de presentación de instancias, a cal anulará automaticamente a presentada anteriormente.
Soamente se poderá renunciar á participación no concurso antes do remate do prazo de admisión de instancias.
Confección da solicitude por medios telemáticos a través da aplicación informática Ainoa
https://ainoa.justicia.es
Evita erros xa que xunto co código aparece a denominación do posto de traballo.
Mentres se atope en borrador pode modificarse facilmente.
Unha vez xerado o impreso definitivo, a presentación da solicitude, á que se achegarán os documentos que foran necesarios, realizarase polo sistema ordinario.
Modificación da solicitude.
Se dentro do prazo de presentación de solicitudes algún dos solicitantes quere modificar unha solicitude xa confirmada, poderá volver xerar e confirmar unha nova solicitude a través do asistente. Considerarase válida a solicitude que teña o selo de rexistro de entrada, dentro do prazo, con data posterior, quedando anulada, por tanto, a solicitude que teña estampado o selo do rexistro de entrada con data anterior.
Ligazóns ás páxinas que tes que consultar
Convocatoria - Prazas a resultas - Tramitación telemática
Boletín Oficial do Estado
Diario Oficial de Galicia
Prazas a resultas
Asistente para a confección das solicitudes
Etiquetas: Concurso de traslados