Publicado na intranet xudicial.
O pasado venres día 9 actualizouse o sistema de tramitación das seguintes solicitudes a través da OPAX:
- Vacacións
- Asuntos particulares
- Libranza por acumulación de horas
- Acumulación de horas por actuacións urxentes e inaprazables
De acordo coa Resolución do 12 de febreiro de 2014 pola que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de identificación persoal, ao control do cumprimento da xornada e horarios de traballo e máis á tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao servizo da Admininstración de xustiza en Galicia, estas solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da OPAX, sendo precisa a sinatura electrónica por parte do solicitante.
Co fin de simplificar o procedemento, a validación por parte do/da director/a funcional da unidade redúcese a un único paso que consiste na validación cun selo de tempo, momento no cal as peticións xa pasarán a estar dispoñibles no buzón do servizo de xustiza da Xefatura ou Delegación territorial correspondente encargado da resolución da petición.
Desta forma, o esquema da tramitación é o seguinte:
Funcionario de xustiza
1.O funcionario deberá cubrir os datos da solicitude e "gardala" no sistema.
2.Presentanción electrónica: empregar a opción de ‘Sinatura e presentación electrónica' para asinar dixitalmente as solicitudes e presentalas para a súa validación polo director funcional.
Director funcional
3.Validación da solicitude presentada electrónicamente polo funcionario, informando sobre a incidencia da petición no servizo.
Servizo de xustiza
4.Resolución da solicitude
Esta obriga de comunicación telemática estenderase á solicitude do resto dos permisos e licenzas á medida que esta opción estea habilitada na OPAX, sen prexuízo da xustificación documental que proceda.
Segundo a mencionada Resolución, no caso de que por razón de índole técnica non se obtivera o visado electrónico do superior xerárquico, o funcionario deberá remitir a súa solicitude vía fax ao servizo de persoal da súa provincia no prazo máximo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica por parte do interesado.
Poden consultar a guía do usuario premendo sobre esta ligazón. A guía tamén se atopa dispoñible no apartado de axuda da OPAX.