Non por moito madrugar, amanece máis cedo.
Ante as presas dalgúns por cobrar pola “xestión” da solicitude da extensión de efectos das distintas sentenzas que recoñecen o dereito a cobrar a totalidade da paga extra de 2012, queremos aclarar algunhas conceptos que no poden obviarse polos riscos que supoñen:
- Prazo suficientemente longo como para non solicitar a extensión de efectos sen antes terse asesorado suficientemente, xa que a desestimación da solicitude pode supoñer a imposición das custas procesuais.
- O prazo para solicitar a extensión de efectos é dun ano dende a última notificación da sentenza aos que foran parte no proceso.
- De interpoñerse por parte da Xunta de Galicia, cousa moi probable, recurso en interese de lei ou de revisión, este prazo contarase dende a última notificación da resolución que poña fin a este (o prazo aumentaría).
- Para solicitar a extensión de efectos non hai que pagar taxas xudiciais.
- A solicitude da extensión de efectos poderá ser formulada tanto por os funcionarios titulares como interinos que tiveran desempeñado funcións durante a totalidade o parte do período de tempo necesario para devengar o cobro da paga extraordinaria.
É evidente que dende Alternativas na Xustiza tramitaremos a todo aquel que así o solicite a extensión de efectos, pero nunca antes de ter estudada en profundidade a mecánica para evitar posibles imposicións de custas procesuais.
No noso blog podes consultar un documento-guía