Bolsa de horas e compensación horaria: como funciona

17 de xuño de 2014


Exemplo:

Un funcionario da cidade da Coruña que no mes de Xaneiro fai 150 horas, en febreiro 142 horas, en marzo 140 horas e en abril 135 horas, non pediu días de permiso, nin de vacacións nin ten incidencias na fichaxe, nin ningunha ausencia do posto de traballo.



1 Como se faría o  computo horario neses meses?






Dado que no mes de abril temos un saldo negativo de 5 horas, había que facer 140 e se fixeron 135, como se poden recuperar esas horas?


1- Hai que recuperalas no mes de maio. (Os saldos negativos no balance horario dun mes hai que recuperalos no mes seguinte ao do incumprimento). Ao consultar, a principios de maio, o balance horario do mes de abril (histórico) veriamos que en dito mes tiñamos que realizar 140 horas e fixemos 135, polo tanto no mes de maio teriamos que recuperar 5 horas.

Fixo + flexible no mes de maio na Coruña:        147 horas
Horas pendentes do mes de abril:                       5 horas
Horas totais a realizar no mes de maio:            152 horas
 
Poñamos que, no presente caso, o funcionario no mes de maio fai 153 horas; cando o funcionario consulte, na primeira semana de xuño o histórico de maio aparecera o seguinte: 



Polo tanto, no presente caso, como o funcionario recuperou as horas que debía no mes seguinte ao do incumprimento a Administración procede á compensación, de oficio e de xeito automático, do balance horario sen que o funcionario teña que facer ningunha solicitude.

E neste exemplo como o funcionario no mes de maio fixo 153 horas, non só recuperou as 5 horas de abril senón que aínda lle sobra unha hora que vai para a bolsa.



 Compensación horaria:

2- Poderiamos solicitar compensación horaria no flexible do mes de maio con cargo á bolsa de horas.

Se no mes de abril pedimos compensar 5 horas da parte flexible da xornada do mes de maio con cargo a bolsa de horas, entón as horas que teríamos que facer no mes de maio para compensar o saldo negativo serían:

Fixo + flexible no mes de maio na Coruña:        147 horas
Solicitude de compensación de horas do flexible
de maio con cargo a bolsa de horas:                  
-5 horas
Horas pendentes do mes de abril:                       5 horas
Horas a realizar no mes de maio:                    147 horas
 
Se optamos por facer isto, facendo 147 horas no mes de maio se recuperan as cinco horas que debiamos do mes de abril.

OLLO: NESTE CASO XA NUNCA TERÍAMOS OPCIÓN A TER TRES DÍAS DE LIBRANZA, SÓ PODERIAMOS PEDIR DOUS,  XA QUE GASTAMOS 5 HORAS DA BOLSA E XA NON PODERIAMOS ACUMULAR AS  22,5 QUE SON NECESARIAS PARA PEDIR OS TRES DÍAS DE LIBRANZA. 

A suma destes tres apartados nunca será superior a 22,5 horas, xa que non se poden acumular máis de 22,5 horas ao ano na bolsa. Unha vez acumuladas e/ou utilizadas xa non se acumularan máis horas na bolsa aínda que algún mes teñamos exceso de horas traballadas. 



Vai a administración a quitar de oficio horas da bolsa para compensar saldos negativos de meses anteriores?


A Administración, en principio, NON vai quitar de oficio horas da bolsa para compensar os saldos negativos dos meses anteriores sempre que o funcionario compense estes incumprimentos recuperando as horas no mes seguinte ao do incumprimento (como se explica no apartado 1 da pregunta anterior).
 


Cantas horas se poden acumular na bolsa e para que se poden usar?


Pódense acumular un máximo de 22 horas e media ao ano. O gozo das horas acumuladas poderase compensar cun día de libranza por cada sete horas e media de exceso acumulado (cun máximo de 3 días por ano), ou ben solicitando a redución do horario flexible mensual.

SÓ NOS MESES DE XULLO E AGOSTO NON SE ACUMULAN HORAS NA BOLSA. O resto dos meses se poden acumular horas incluídos os meses enteiros de xuño e setembro.
 


Que pasa se pido horas con cargo a bolsa para redución do horario flexible mensual?


Non poderemos pedir os tres días de libranza.

Exemplo: 

Un funcionario que no mes de setembro ten 22,5 horas na bolsa de horas e pide dúas horas de compensación no flexible de outubro.

A este funcionario quítanlle do saldo dispoñible da bolsa de horas dúas horas, que pasan ao apartado “solicitude de compensación”, polo tanto só lle quedan 20,5 horas  de “saldo dispoñible” na bolsa e só poderá pedir dous días de libranza xa que o saldo dispoñible non dá para pedir o terceiro. 



CONCLUSIÓN:

Se queremos compensar as 22,5 horas por os 3 días de libranza NUNCA poderemos utilizar as horas para pedir redución  do horario flexible mensual.