Horario das prolongacións de xornada durante o horario de verán

20 de xuño de 2014

Alternativas na xustiza galega



O 18 de xuño, unha xefa de servizo da Dirección Xeral de Xustiza contestou verbalmente ao escrito que, sobre o horario que teñen que realizar os funcionarios con prolongación de xornada no verán, presentara Alternativas na Xustiza o 5 de xuño.

No escrito solicitabamos, entre outras cousas, o seguinte:


“ Que, na xornada de verán, os traballadores dos xulgados que teñan prolongacións de xornada TERAN QUE REALIZAR 10 HORAS/MES MÁIS QUE O RESTO DOS TRABALLADORES (32.5 semanais+10 mensuais), é dicir, 35 horas á semana, 30 minutos máis o día en computo mensual.”


A contestación desta xefa de Servizo foi que, a pesares dos argumentos esgrimidos por Alternativas, a Dirección Xeral non tiña pensado cambiar a súa posición e que, polo tanto, obrigarían a cumprir as 40 horas semanais a estes traballadores no verán.

Para Alternativas obrigar aos traballadores con prolongacións a realizar as 40 horas semanais na xornada de verán leva consigo:


- Unha discriminación brutal entre uns funcionarios e outros: uns facemos 32,5 horas á semana, e outros unha xornada de 40 horas á semana.


- Un enriquecemento inxusto da administración, xa que no verán paga tres veces menos que no inverno por unha hora de prolongación de xornada. (O funcionario cobra o mesmo por traballar 3 horas no verán que por traballar unha no inverno).


- Ir en contra da normativa do propio Ministerio de Xustiza, subsidiaría para nos, que no seu ámbito recolle que no horario de verán os funcionarios con réxime de dedicación especial realizarán 32.5 horas.


Se antes de que remate o mes de xuño a Dirección Xeral de Xustiza non cambia de actitude, dende Alternativas solicitarase aos traballadores que están nomeados para realizar prolongacións de xornada no verán que RENUNCIEN ás mesmas e soliciten a/o Secretaria/o Xudicial do xulgado que remita escrito á Dirección Xeral reclamando o nomeamento de funcionarios de reforzo (se seguimos asumindo as tomaduras de pelo da Xunta de Galicia, acabaran amortizando as prazas)


Para todos aqueles traballadores que queiran denunciar a Dirección Xeral de Xustiza por enriquecemento inxusto, discriminación ou ir en contra da normativa subsidiaria poñemos os nosos servizos xurídicos a súa disposición


18 de xuño de 2014