Alternativas remítelle unha carta ao Director Xeral de Xustiza para que as prolongacións de xornada, 10 horas mensuais, se computen a partir das 32.5 horas, horario de veran, e non das 37.5 horas, do horario de inverno.
DIRECTOR XERAL XUSTIZA GALICIA
Praza de Europa nº 5-A 4º Andar-
Santiago Compostela
A poucos días de que comece a xornada reducida de verán (16 de xuño) é imprescindible, para evitar malas interpretacións e, sobre todo, evitar que a Administración obrigue aos traballadores a realizar máis horas de traballo das legais, que esa Dirección Xeral remita, ás Delegacións Territoriais e ós funcionarios que realizan estas, as instrucións por escrito de cal é o horario que teñen que realizar os funcionarios con prolongacións de xornada na xornada de verán.
Para determinar as horas a realizar polos funcionarios con prolongacións durante a xornada de verán deberase ter en conta:
- Que a prolongación de xornada, tanto en inverno como en verán, consiste en traballar 10 horas/mes máis que o resto dos traballadores, salvo os que teñan horarios especiais.
- Que na xornada de inverno os traballadores temos que realizar 37.5 horas a semana, con media hora de libre disposición.
- Que na xornada de verán os traballadores temos que realizar 32.5 horas semanais, sen media hora de libre disposición.
Por todo o antes exposto nas instrucións que se envíen ás Delegacións Territoriais, a todos aqueles xulgados onde se realizan prolongacións de xornada así como ós funcionarios que realizan estas, debese deixar moi claro o seguinte:
Que, na xornada de verán, os traballadores dos xulgados que teñan prolongacións de xornada TERAN QUE REALIZAR 10 HORAS/MES MÁIS QUE O RESTO DOS TRABALLADORES (32.5 semanais+10 mensuais), é dicir, 35 horas á semana, 30 minutos máis o día en computo mensual.
Obrigar aos traballadores con prolongacións de xornada a realizar unha medía de 8 horas diarias (40 horas a semana) na xornada de verán provocaría:
- Unha discriminación brutal entre uns funcionarios e outros: mentres os que realizamos a xornada ordinaria temos que facer 32,5 horas á semana (6.5 horas ao día), os que fan prolongacións de xornada teñen que realizar unha xornada de 40 horas á semana (8 horas ao día).
- Un enriquecemento inxusto da administración, xa que pretender pagar o mesmo por realizar 10 horas de traballo -a maiores- na xornada de inverno, que por facer 30 horas de traballo -a maiores- na xornada de verán.
(Xornada xeral verán 32,5 horas á semana, prolongacións 40 horas á semana, (40-32,5)x4= 30)
En definitiva dende Alternativas non vamos a consentir que esa Administración “pague os duros a catro pesetas” e de non aceptar a nosa reivindicación presentaremos a pertinente demanda xudicial.
Asdo. Pablo Valeiras Rios