A quen beneficia o acordo entre Gallardón e CSIF-STAJ-UGT?

31 de xullo de 2014

Alternativas na Xustiza galega


Hai uns días STAJ, CSI-F, e UGT vendían a todo meter que chegaran a un acordo con Gallardón sobre a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial.


Dende Alternativas na Xustiza-CUT (AXG) entendemos, tras a lectura do acordo, agora si por escrito, QUE O GRAN BENEFICIADO coa sinatura do acordo por CSI-F, STAJ e UGT é Gallardon....


Dende o noso punto de vista o acordo forma parte da estratexia de Gallardon para alcanzar o modelo de xustiza que pretendeu dende o primeiro momento: UNHA XUSTIZA CALADA E SOMETIDA A CRITERIOS POLÍTICOS, sen independencia xudicial e controlada a través do nomeamento a dedo dos postos das cúpulas xudiciais.


E será nunha segunda fase, a través da Lei de Demarcación e Planta, cando se supriman ou erradiquen unha grande parte dos partidos xudiciais e dos xulgados de paz coa consecuente redución de cadros de persoal.


PARA MOSTRA DO QUE DICIMOS AS DECLARACIÓNS DO PRESIDENTE DO CGPX, nomeado polo goberno de Gallardon:

"Si no se va a suprimir ningún partido judicial, no se entiende muy bien en qué va a consistir esta reforma, cuando en realidad lo que se pretende es concentrar los tribunales en unas demarcaciones superiores a las 432 se vienen arrastrando desde el año 1834".


Antes do “acordo”, Gallardon estaba sendo atacado por todos os medios de comunicación, os Sindicatos -incluídos os que asinaron este acordo-, os propios Rexistradores Mercantís. A sinatura deste acordo foi unha bomba de osixeno para o Ministro. NON SE PODE ASINAR ACORDO NINGÚN SE NON paraliza a privatización e garante os postos de traballo dos Rexistros Civís en todo o Estado


Os outros grandes beneficiados do “acordo” son os alcaldes das cidades, que poden “vender” nas eleccións que terán lugar no ano 2015 que non se vai a SUPRIMIR o seu Partido Xudicial. Reiteramos que será coa Lei de Demarcación e Planta onde se fará a PODA de partidos xudiciais.


Gallardon non negociou ningún dos proxectos (Lei aborto, Lei Seguridade Cidadá, Modificación Codigo Penal, Lei Taxas Xudiciais). O que conseguiu coa conivencia de STAJ, UGT e CSI-F foi dividir o colectivo xudicial que estaba máis unido que NUNCA (funcionarios, avogados, procuradores, cidadáns, etc)


PODEN uns Sindicatos negociar cun Ministro que acaba de poñer nas mans dos Rexistradores da Propiedade o Servizo Público do Rexistro Civil?. E cando NON están garantidos todos os postos de traballo, nin de titulares nin de interinos, menos nas Comunidades Transferidas?.


No acordo so se fala de COMPROMISOS. ALGUEN PODE CONFIAR NO COMPROMISO DO MINISTRO DO ABORTO, DA CRIMINALIZACIÓN DA MOBILIZACIÓN, DO INDULTO AOS “AMIGOS”, ETC.?


Ninguén debe esquecer que en Galicia a Xunta de Galicia amortizou 106 prazas das Audiencias, Xulgados de Paz, Contenciosos, etc sen necesidade de modificar NADA.


Dende Alternativas continuaremos mobilizándonos contra a PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL , na defensa dos PARTIDOS XUDICIAIS, XULGADOS DE PAZ e CADROS DE PERSOAL ACTUAIS e pola derrogación das TAXAS XUDICIAS.


O resto que se dedique a vender Seguros, en vez de recorrer o Decreto de IT, ou a facerlle o xogo ós partidos políticos afíns....


HAI ALTERNATIVAS NA XUSTIZA GALEGA