Médicos forenses. Convocatoria da bolsa de interinos

9 de outubro de 2014

Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 193, de 9 de outubro do 2014, publícase a Orde do 29 de setembro de 2014 pola que se establece o procedemento de selección e nomeamento de persoal interino do corpo de médicos forenses e se convoca a correspondente bolsa.


Ligazón


Segunda. Solicitudes de participación

1. As solicitudes para participar nesta convocatoria deberán presentarse no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os candidatos deberán empregar necesariamente o formulario de solicitude posto ao seu dispor na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no enderezo https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/.