Sobre arquivos xudiciais e expurgo

12 de decembro de 2014



Dende que Alternativas na Xustiza galega-CUT presentou no mes de marzo un primeiro informe demoledor da situación real dos arquivos xudiciais en Galicia (expedientes nos corredores, falta de espazo, xiringas e outros elementos punzantes, bombona de butano, bicicletas, pilas de procedementos enriba das mesas dos traballadores, expedientes afectados pola humidade, etc) a Xunta de Galicia realizou pequenas chapuzas e remendos para dar imaxe de que esta facendo algo, ao estilo Nuñez Feijoo. Elimináronse algunhas pezas de convicción, acomodáronse algúns arquivos para gañar algo de espazo. E, despois da denuncia ante os medios de comunicación desta situación sobre todo por Alternativas, coas roldas de prensa realizadas coa participación de varias decenas de traballadores, conseguiuse que se paralizaran as ameazas de expedientes disciplinarios realizadas por algúns secretarios

Para Alternativas isto é absolutamente insuficiente polos seguintes motivos. Utilicemos o exemplo dos xulgados de Coruña dos que La Voz de Galicia acaba de publicar a denuncia e fotos da situación calamitosa e digna de Burkina dos seus arquivos:

A Xunta pretende que os funcionarios dediquemos tempo destinado ao Servizo Publico da Xustiza a realizar un traballo que debe ser realizado por persoal especializado, arquiveiros. Dende Alternativas opoñémonos rotundamente a que os traballadores destinemos nin un segundo do tempo que temos para a tramitación de expedientes xudiciais e atención ao cidadán aos labores de EXPURGO xa que:

- Isto non soluciona o problema dos arquivos por ser un proceso lento e ineficaz. OUTRA CHAPUZA E REMENDO.

- Só contribúe a atrasar as actuacións xudiciais curiosamente cando hai mais casos de corrupción.

A maiores queremos aclarar que:


- A situación dos arquivos vulnera a lei de protección de datos. ESTÁN Á VISTA DE CALQUERA CIDADÁN OU PROFESIONAL.

- O risco en caso de incendio para os cidadáns e os traballadores é total.

- O risco a que se poida roubar ou facer desaparecer probas, documentos ou mesmo procedementos enteiros esta á orde do día.


Lola Filgueira