Interinos: Suspendidas as novas bolsas

14 de xaneiro de 2015


A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitir o seguinte correo electrónico:


Detectado un erro informático na publicación das listas de persoal interino, no día de hoxe estase procedendo á revisión de todas e cada unha delas, correspondentes aos distintos corpos e provincias; a causa disto, na presente semana non se producirá ningún chamamento.

Finalizada a anterior revisión e de estar as listas correctas, confirmaranse sen máis trámite, informándose desta circunstancia ás OO.SS. e na intranet. En caso contrario, producirase a consecuente corrección de erros, publicándose de novo as listas coas rectificacións oportunas.