Publicado en www.lavozdegalicia.es.
Só hai un extintor na planta cuarta dun edificio moderno sen escaleiras de emerxencia. |
O edificio da Audiencia Provincial de Lugo presenta graves carencias en materia de seguridade. A instalación, que ten catro plantas, carece dunha escaleira de evacuación en caso de incendios. O persoal, en caso de producirse un lume, tería que utilizar as escaleiras principais interiores, o cal podería supor un grave risco para a súa integridade, segundo os expertos en cuestións de seguridade.
A maiores, nalgunhas plantas non existen mangueiras que poidan ser utilizadas polos bombeiros en caso de necesidade. Iso sucede na cuarta planta onde se sitúa o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria. Aparentemente só dispón dun extintor de tamaño mediano, colocado no corredor.
A planta na que se sitúa este xulgado está baixo a cuberta. Segundo algúns traballadores, non reúne os requisitos mínimos de seguridade e hixiene laboral. De feito, no seu momento foron repetidas as queixas porque no verán os funcionarios torrábanse de calor por falta dun sistema de ventilación adecuada.
Ler máis...
Etiquetas: Edificios xudiciais , Lugo , Prensa , Saúde laboral