Alternativas solicita que se fagan públicos os criterios utilizados pola Administración para confeccionar as bolsas de interinos

3 de febreiro de 2015


Escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza:





O pasado 12 de xaneiro, con varios meses de atraso, fixéronse públicos os listados definitivos das bolsas de funcionarios interinos dos corpos de Xestión Procesual, Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial.

Os erros nos listados, denunciados por Alternativas, e que obrigaron a unha posterior rectificación, a falta de publicación dos criterios utilizados para decidir en que bolsa quedaban os traballadores que solicitaron máis dunha bolsa, criterios que seguen sen ser públicos, cursos baremados de distinto modo que en convocatorias anteriores, etc., demostran un desprezo absoluto cara os centos de traballadores interinos que se presentaron as listas e crean unha situación de indefensión destes traballadores fronte a administración, xa que:

1. Cando xa pasaron varios días dende a publicación do listado definitivo, os traballadores, tanto os seleccionados como os non seleccionados seguen sen saber;

• Cales son os criterios utilizados na baremación dos cursos: hai traballadores que cos mesmos cursos ou máis que na anterior convocatoria teñen o metade da puntuación cando as bases son idénticas.

• Que criterio se seguiu para a colocación dos traballadores que solicitaron máis dunha bolsa, e dicir, que entende a administración por ”Aqueles solicitantes que acaden unha puntuación suficiente para poder ser incluídos en máis dunha bolsa serán colocados de oficio pola Administración naquela en que obtivesen unha mellor posición.” Que formula se aplicou para decidir en que caso se esta en mellor posición nunha bolsa ou noutra, falamos de mellor posición absoluta, se teñen en conta o número de integrantes de cada bolsa para falar de mellor posición relativa, que pasa no caso de empate, que pasa se nunha das bolsas na que esta o traballador os que ten diante vanse colocando noutras bolsas, entendese que mellora a posición nesa bolsa ou segue mantendo a posición de orixe para decidir en que bolsa queda colocado...

2. A non publicación dos criterios mencionados fai imposible a presentación no prazo dun mes (nin en ningún prazo) do recurso potestativo de reposición e a posterior presentación do recurso contencioso administrativo, xerándose unha situación de absoluta indefensión dos traballadores e amparando posibles actuacións arbitrarias por parte da administración, xa que dificilmente se pode reclamar cando se ocultan os criterios que serían a base desas reclamacións.

Por todo o antes exposto solicitamos que, de xeito inmediato, se fagan públicos todos os criterios utilizados pola Administración para situar aos traballadores nas distintas bolsas. E así acabar coa indefensión.

Asinado.- Pablo Valeiras Rios
Voceiro nacional de Alternativas na Xustiza-CUT





DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA

Praza de Europa nº 5-A 4ºAndar
Santiago de Compostela