Próxima publicación RPT das fiscalías

27 de marzo de 2015


Publicado na intranet xudicial


Con data 25/03/2015 o Ministro de Xustiza aprobou a Orde pola que se aproba definitivamente a relación de postos de traballo (RPT) das oficinas da fiscalía en Galicia, estando prevista a súa publicación no Boletín Oficial do Estado e Diario Oficial de Galicia a partir do próximo día 9 de abril.

Unha vez publicada a RPT iniciarase o procedemento de acoplamento do persoal.

Dossier do modelo da Oficina Fiscal en Galicia

Decreto 124/2014, do 11 de setembro, polo que se determina a estrutura e a organización da oficina fiscal en Galicia e da Unidade de Apoio á Fiscalía Superior.