[25/05/2015] Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

25 de maio de 2015


Na intranet xudicial publicáronse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 25 de maio de 2015.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terápreferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.


Prazas

A CORUÑA

AUDIENCIA PROVINCIAL SECRETARÍA – A CORUÑA

Corpo: Tramitación procesual e administrativa

Prazo: 25, 26 e 27 de maio de 2015

Motivo: Vacante


XULGADO DE PAZ – CEDEIRA

Corpo: Auxilio xudicial

Prazo: 25, 26, 27 de maio de 2015

Motivo: Vacante


Anticipar solicitude por fax: num. 981 54 62 22