Acción social. Solicitudes telemáticas

23 de xuño de 2015


Lembrade que o prazo de presentación de solicitudes de axudas do Fondo de Acción Social será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG (15/06/2015)

Ligazón á convocatoria


Solicitude e formas de presentación

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (oficina virtual do persoal da Administración de xustiza), no enderezo web: opax.xunta.es, para o cal están habilitadas dúas modalidades de identificación:

a) Se se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro), poderase acceder con este e a súa correspondente clave.

b) De non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal. Para o caso de que o sistema non recoñeza o usuario como válido ou de que este non lembre o seu contrasinal, farase uso da opción habilitada na OPAX para estes efectos.


Preme na imaxe para ampliar



Para acceder ao OPAX, preme aquí

En caso de dúbidas pode consultarse co CAU no teléfono 981 54 62 23