"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
..destínase na partida orzamentaria 06.03.131A 162.04 a cantidade de 21.911,00 euros para a axuda do programa de atención de persoas con discapacidade do Fondo de Acción Social para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán solicitar as axudas o persoal funcionario de carreira e persoal interino dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos/as e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas con discapacidade do Fondo de Acción Social.
Tamén poden solicitar a axuda:
a) Aquelas persoas que prestaran servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 20.7.2022) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (20.7.2022) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestasen servizos nesta comunidade autónoma e se xubilasen durante o dito período.
Terán a condición de beneficiarios:
a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.
b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.
No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.
No suposto de que dúas persoas teñan a condición de beneficiarios/as respecto do mesmo causante, só unha delas terá dereito á axuda.
A percepción das axudas deste Fondo de Acción Social é incompatible coa percepción doutras axudas de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración ou organismo oficial ou empresa privada.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es, para o cal están habilitadas dúas modalidades de identificación:
a) Se se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro), poderase acceder con este e a súa correspondente clave.
b) De non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal.
Para o caso de que o sistema non recoñeza o usuario como válido ou de que este non lembre o seu contrasinal, farase uso da opción habilitada na OPAX para estes efectos.
3.2. Formalización da solicitude.
Unha vez realizada a identificación, a persoa solicitante deberá seleccionar na OPAX a opción correspondente ao Fondo de Acción Social e cubrir todos os campos
A contía da axuda calcúlase do seguinte modo, tendo en conta o grao de discapacidade:
– Do 33 % ao 64 %: 300 €.
– Do 65 % ao 74 %: 600 €.
– Do 75 % en diante: 1.200 €.
A solicitude será única por solicitante, e no caso de existir máis dunha persoa causante, deberán introducirse naquela os datos de cada unha delas.
Accede o contido completo premendo no seguinte enlace.
Etiquetas:
Acción social