Alternativas-CUT denuncia a situación dos arquivos dos xulgados de Lugo e das instalacións dos xulgados de paz de Ribadeo e O Saviñao

15 de xuño de 2015




Arquivos de Lugo.


Alternativas na Xustiza-CUT denunciou perante a Dirección Xeral de Xustiza e a Delegación territorial de Lugo a situación dos arquivos xudiciais do Edificio Novo dos Xulgados de Lugo, tanto en materia de prevención de riscos laborais, como no que se refire á falta de espazo para o arquivo de expedientes, como en materia de protección de datos.

No escrito ofrécense solucións como o traslado de expedientes antigos e pezas de convicción a outras dependencias, a informatización do arquivo e a creación de equipos de traballo dedicados en exclusiva ás tarefas de expurgo e informatización do arquivos, solucionar o problema de humidades que ten o arquivo do soto, enviar aos xulgados os armarios e estantes que se pediron de xeito inmediato e dotar aos xulgados de carros para transportar os expedientes que sexan adecuados ao labor a realizar.

Preme na imaxe para ampliar


Xulgado de paz de Ribadeo.


Así mesmo, presentáronse denuncias ante a Inspección de Traballo e Seguridade de Lugo, Concello de Ribadeo, Dirección Xeral de Xustiza, Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Xustiza e Delegación Territorial de Lugo por posible infracción da normativa de prevención de riscos laborais, en relación a situación en que se encontran as instalacións e distintas dependencias do xulgado de paz de Ribadeo.

Preme na imaxe para ampliar


Xulgado de paz de O Saviñao


Igualmente, presentáronse denuncias perante o Concello de O Saviñao, Dirección Xeral de Xustiza, Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Xustiza e Delegación Territorial de Lugo polas deficiencias  que afectan
ao edificio e distintas dependencias onde se sitúa o Xulgado de Paz de O Saviñao, tanto en materia de Saúde laboral como no que se refire ás condicións de accesibilidade as dependencias do Xulgado.

Preme na imaxe para ampliar