Os nosos compromisos

16 de xuño de 2015




A elección como delegadas e delegados supón a asunción dun compromiso con todos os compañeiros non só de representación nas Xuntas de Persoal e nas Mesas de Negociación, senón tamén de información, asesoramento, consulta e defensa.





Información e transparencia

As delegadas e os delegados de Alternativas asumimos o compromiso de dar conta periodicamente, a través de asembleas ou de visitas aos centros, da nosa xestión e, se é o caso, do desenvolvemento das negociacións.





Participación e democracia

As delegadas e os delegados de Alterntivas asumimos o compromiso de convocar asembleas consultivas para recoller a opinión dos compañeiros antes de asinar calquera acordo coa Administración e potenciaremos os mecanismos de participación na toma de decisións a través das consultas e referendos, con pleno acatamento do seu resultado.





Negociacións e acordos claros e transparentes

As delegadas e os delegados de Alternativas asumimos o compromiso de actuar con total transparencia nas negociacións e esixiremos a máxima publicidade dos acordos que se alcancen nas mesas de negociación.





Revogabilidade dos cargos

As delegados e os delegados de Alternativas asumimos que os nosos mandatos representativos poderán ser revogados a instancia da maioría dos compañeiros en caso de incumprimento das nosas obrigas e compromisos.





Máis informción...