Convocatoria do fondo de acción social para o ano 2015

15 de xuño de 2015


No Diario Oficial de Galicia número 111, do 15 de xuño de 2015, publícase a Resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.


Ligazón



Texto

Programa de atención de persoas discapacitadas do fondo de acción social para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Ámbito persoal e beneficiarios.

1.1. Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do fondo de acción social.

1.2. Tamén poden solicitar a axuda aquelas persoas que prestasen servizos como funcionarios interinos da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 4.5.2014) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.


....


2. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.