As nosas propostas: 15. Rexistro Civil

11 de xuño de 2015




Rexistro Civil


A pesar da derrota do Goberno do Partido Popular no seu intento de privatización do Rexistro Civil a través da súa entrega aos rexistradores da propiedade e mercantís, a nova Lei do Rexistro Civil do 2011 -que non foi derrogada e cuxa entrada en vigor estará en suspenso durante dous anos- mantén a desaparición dos actuais Rexistros Civís e a creación dunha única oficina do Rexistro Civil en cada provincia, a cargo de funcionarios da administración do Estado ou da administración autonómica.


Por iso, continuaremos reivindicando e mobilizándonos para que o Rexistro Civil, público, gratuíto e electrónico, se manteña dentro da administración de Xustiza e atendido por funcionarios de Xustiza, como unha garantía de imparcialidade, profesionaldiade e proximidade á cidadanía.


Así mesmo, é necesario dotar aos Rexistros Civís do persoal necesario para a súa atención, ao que se dedicará, pola especificidade do seu traballo, un apartado dentro dos plans de formación, así como un espazo na intranet dedicado ao Rexistro Civil, no que se dispuña de formularios e información para o desempeño do seu traballo diario polas compañeiras e compañeiros que prestan o seu servizo nestas oficinas.



Máis información...