As nosas propostas. 3-4. Substitucións. Quendas de auxilio xudicial

4 de xuño de 2015



Substitucións


Negociación dunha nova Orde que regule as substitucións e que garanta o cobramento do 100% das retribucións correspondentes ao corpo e órgano xudicial no que se realiza a substitución. A igual traballo, igual retribución.


A baixa por enfermidade, aínda que supere os 15 días de duración, non será motivo para cesar na substitución.


Calquera posto no que se produza a ausencia do seu titular deberá ser cuberto, de forma inmediata, por substitución (Actualmente soamente se oferta en substitución se a ausencia supera os seis meses)


Na resolución das convocatorias de substitucións e comisións de servizos deberá publicarse a puntuación obtida por todos os participantes e os criterios que se tiveron en conta para adxudicar a comisión.






Quendas de Auxilios xudiciais

As quendas deberán ser retribuídas por atribución feita e serán utilizadas só para cubrir ausencias de, como máximo, 5 días..

Reivindicaremos a creación de prazas e auxilio xudicial nos servizos de apoio, co fin de cubrir as vacacións e ausencias dos compañeiros e compañeiras do corpo de Auxilio, cando non proceda o nomeamento de persoal interino.



Máis informción...