Na intranet xudicial publícase información sobre a celebración dun Seminario de protección de datos, administración electrónica xudicial e uso de novas tecnoloxías no proceso xudicial.
AXENDA
17/06/2015 - Santiago: Escola Galega de Administración Pública. Rúa de Madrid 2-4
18/06/2015 - Ourense: Facultade de dereito. Campus de Ourense - As Lagoas s/n
15:30 a 16:00 - Rexistro
16:00 a 17:30 - Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS (1,5 horas) Relator:
Víctor Salgado Seguín - Avogado-Socio do Bufete Pintos-Salgado
17:30 a 18:00 - Café
18:00 a 20:30 - Relatorio II: ADMÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL
ELECTRÓNICO: CASOS DE IMPLANTACIÓN (2,5 horas) Relatores: Manuel Almenar
Belenguer (Maxistrado Presidente da sección 1ª da Audiencia Provincial de Pontevedra) e Juan Carlos Aladro Fernández (Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra)
PROGRAMA
Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
1. A Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), no que
respecta aos ficheiros da administración de Xustiza
a) Que é un Dato Persoal? Que é un Ficheiro?
b) Os Principios da LOPD
c) Obrigas do Responsable do Ficheiro
d) O consentimento dos afectados
e) O deber de información no tratamento dos datos
f) Dereitos dos titulares dos datos
g) A cesión ou comunicación de datos
h) Infraccións e Sancións
2. Medidas de Seguridade esixibles aos ficheiros con datos persoais: Título VIII do Real
Decreto 1720/2007.
a) Base Legal do Regulamento e Sancións
b) Niveis de Seguridade e clasificación dos datos
c) O Documento de Seguridade
d) Medidas de Seguridade de nivel Básico, Medio e Alto
e) O Informe de Auditoría
f) Medidas de seguridade aplicables a soportes non automatizados.
3. Aspectos prácticos da aplicación da LOPD na Administración de Xustiza.
Café: 30 minutos
Relatorio II: ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL ELECTRÓNICO: CASOS PRÁCTICOS DE IMPLANTACIÓN
1. A Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a
comunicación na Administración de Xustiza (LUTICAJ)
a) Ámbito de aplicación e obxectivo da LUTICAJ.
b) Uso dos medios electrónicos na Administración de Xustiza.
• Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa Administración de Xustiza por medios
electrónicos.
• Dereitos e deberes dos profesionais da xustiza nas súas relacións coa Administración
de Xustiza por medios electrónicos.
• Utilización obrigatoria dos medios electrónicos na tramitación dos procedementos
electrónicos xudiciais.
c) Réxime xurídico da Administración xudicial electrónica.
• Sede xudicial electrónica.
• Identificación e autenticación.
d) Aplicación e disposicións transitorias da LUTICAJ.
2. Experiencia na implantación da Administración Xudicial Electrónica en Galicia
a) Ferramentas de Xustiza electrónica.
b) Implantación en Xulgados e Tribunais.
c) Perspectivas de futuro e recomendacións.
PREZO
A inscrición nestes seminarios é de balde
INSCRICIÓN
A través da web do CPETIG www.cpetig.org
MÁIS INFORMACIÓN
Para ampliar esta información pode contactar no teléfono 668 882 063 ou no enderezo electrónico eventos@cpetig.org
Ligazón
Etiquetas: Formación