As nosas propostas: 1. Retribucións

2 de xuño de 2015




Retribucións

A pesar das numerosas sentenzas obtidas nas reclamacións formuladas pola supresión da paga extra de nadal do 2012, a Xunta de Galicia segue opoñéndose ao recoñecemento das decisións xudiciais, unha mostra de dilapidación dos fondos públicos, que non pode entenderse senón como un castigo aos empregados públicos.


Ao tempo que promovemos as accións xudiciais para a recuperación do 100% da paga extra roubada, continuaremos demandando o aboamento de oficio da totalidade da devandita paga.


Do mesmo xeito, esixiremos a recuperación do 100% do Complemento Autonómico Transitorio (CAT).


Máis información...