Festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2016

24 de xullo de 2015



No Diario Oficial de Galicia número 139, do 24 de xullo de 2015, publícase o Decreto 103/2015, do 15 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2016.


Ligazón


Calendario de festas

Artigo 1. Festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016

Ademais das festas de ámbito estatal que se sinalen, para o ano 2016 decláranse festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter retribuído e non recuperable, as seguintes:

17 de maio: Día das Letras Galegas.

24 de xuño: Día de San Xoán.

25 de xullo: Día Nacional de Galicia.

Artigo 2. Festas locais

Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da Comunidade Autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar. Estas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.