Oposicións 2015 na administración de Xustiza. Prazas e bases "provisionais" da convocatoria

31 de xullo de 2015


Segundo información remitida polo Ministerio de Xustiza, prevese convocar o proceso selectivo para o corpo de Xestión a partir do 1 de outubro. Posteriormente, e probablemente no mes de novembro, convocaríanse as oposicións de Tramitación e Auxilio Xudicial e, en decembro, a de Médicos Forenses.

No día de onte, o Ministerio de Xustiza, remitiu as bases "provisionais" das convocatorias das oposicións aos Corpos de Xestión, Tramitación, Auxilio Xudicial e Médicos Forenses de 2015, para alegacións.

Nestas bases a oferta de prazas é a seguinte:





Notas sobre a proposta de bases:


  • A idade mínima para participar na oposición a Auxilio é de 18 anos.

  • En Galicia non se convoca ningunha praza e tampouco hau ningunha provincia de exame para os que se presenten polo ámbito Ministerio, polo que os opositores galegos terán que desprazarse fóra de Galicia para a realización dos exames.

  • Nas bases comúns dos procesos selectivos establécese que: unha vez superada a fase de oposición, ou o concurso oposición no seu caso, os procesos selectivos poderán incluír a realización dun curso teórico práctico ou dun período de prácticas, de carácter selectivo, cuxa modalidade, contido, duración e sistema de cualificación se detallará na convocatoria de que se trate. E, só, na convocatoria de Médicos Forenses inclúese a realización do curso e período de prácticas selectivo. Nas convocatorias dos corpos de auxilio, tramitación e xestión non se recolle que haxa que realizar ningún curso ou período de prácticas.

  • Reserva de notas: Nas convocatoria de todos os procesos selectivos se estable que: Aos aspirantes que concorran pola quenda de reserva para persoas con minusvalidez e que obteñan na realización dos exercicios da fase oposición unha puntuación igual ou superior ao 60% da nota máxima posible, conservaráselles a nota para a convocatoria inmediatamente posterior sempre que o contido do temario, os exercicios e o seu modo de cualificación sexan idénticos. A reserva de notas só se regúla para as persoas con minusvalidez, para o resto dos aspirantes non hai esta posibilidade.