[Actualizada] Guía para participar no concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia

1 de agosto de 2015


No DOG do 28/07/15, publícase a Resolución do 13/07/15 convocando concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.


Quen pode participar neste concurso?

Poderá participar exclusivamente, e por unha soa vez, o persoal funcionario:

  • Do corpo de xestión procesual e adm. para os postos de coordinador/a da oficina fiscal.
  • Do corpo de xestión e tramitación procesual e administrativa no caso dos postos de responsable de estatística, rexistro e calidade.


O persoal funcionario participante deberá atoparse na situación de:

  • Servizo activo con destino definitivo, ou en calquera outra situación que comporte reserva de posto de traballo, no corpo ou corpos de adscrición da praza solicitada, no municipio onde deben desempeñarse os postos de traballo ofertados.



Cales son os prazos e requisitos para a presentación de solicitudes e documentación?


  • As persoas que concursen presentarán unha única solicitude, na que poderán pedir máis dun posto de trabalo, sempre que cumpran os requisitos esixidos para o seu desempeño.
  • Utilizarase obrigatoriamente o modelo de solicitude que figura no anexo IV da resolución e, no caso de solicitar máis dun posto de traballo, indicarase, por orde de preferencia, a denominación dos postos aos que optan.
  • O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. (O prazo remata o venres 7 de Agosto).
  • Canda a solicitude deberase achegar a documentación orixinal ou fotocopias compulsadas da documentación acreditativa dos requisitos esixidos e dos méritos alegados, que deberán relacionarse no modelo de solicitude (anexo IV) da convocatoria.
  • Non se admitirán anulacións ou modificacións do contido das solicitudes, nin renuncias unha vez finalizado o período de presentación das solicitudes.



Que prazas/postos de traballo se convocan?





Que méritos se valoraran e con que puntuación?


1º fase: valoración dos méritos xerais para os postos de coordinador e de responsable de estatística cun máximo de 65 puntos.

1. Antigüidade. Polos servizos efectivos no corpo de adscrición do posto de traballo a que se opta, outorgaranse 2 puntos por cada ano completo de servizos, computándose proporcionalmenteos períodos inferiores por meses ou, se é o caso, por días. Para estes efectos, os meses consideraranse de 30 días. A puntuación correspondente por día é de 0,0055556.

A puntuación máxima por este concepto será de 53 puntos.


2. Coñecementos da lingua galega.

a) Celga 4 ou equivalente: 4 puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: 8 puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: 12 puntos.


2ª fase: valoración dos méritos específicos para o posto de coordinador/a da oficina fiscal, cun máximo de 43 puntos.

1. Coñecementos e experiencia profesional: a puntuación máxima será de 40 puntos.

Os coñecementos e experiencia profesional acreditaranse e baremaranse:

a) Polos servizos efectivos prestados en fiscalía no corpo de adscrición do posto de traballo a que se opta, outorgaranse 4 puntos por cada ano completo de servizos prestados nos cinco anos inmediatamente anteriores á presente convocatoria. Para estes efectos computaranse proporcionalmente os períodos inferiores por meses ou, se é o caso, por días, e os meses consideraranse de 30 días. A puntuación correspondente por día é de 0,0111111.

b) Polos servizos efectivos prestados en fiscalía no corpo de adscrición do posto de traballo a que se opta non baremables de conformidade co punto anterior, outorgaranse 1 punto por cada ano completo de servizos, ata un máximo de 20 puntos. Para estes efectos computaranse proporcionalmente os períodos inferiores por meses ou, se é o caso, por días, e os meses consideraranse de 30 días. A puntuación correspondente por día é de 0,0027778.

2. Formación específica e titulación: 3 puntos.

Valorarase a formación específica e titulación incluídas na relación de postos de traballo.




Para o posto de coordinador/a da Fiscalía de Ourense e Lugo valorarase, ademais dos anteriores méritos, os seguintes coñecementos:

1103 Estatística


2ª fase: valoración dos méritos específicos para o posto de responsable de estatística, rexistro e calidade, cun máximo de 43 puntos.

1.-Coñecementos e experiencia profesional: a puntuación máxima será 40 puntos.

Os coñecementos e experiencia profesional acreditaranse e baremaranse:

a) Pola experiencia en explotación de datos estatísticos e memoria da Fiscalía, outorgaranse 4 puntos por cada ano completo de servizos prestados nos cales se acredite a realización destas funcións. Para estes efectos, computaranse proporcionalmente os períodos inferiores por meses ou, se é o caso, por días, e os meses consideraranse de 30 días. A puntuación correspondente por día é de 0,0111111.

A puntuación máxima será 16 puntos.

b) Polos servizos efectivos prestados en fiscalía no corpo de xestión procesual e administrativa, outorgaranse 6 puntos por cada ano completo de servizos prestados.

Para estes efectos, computaranse proporcionalmente os períodos inferiores por meses ou, se é o caso, por días, e os meses consideraranse de 30 días. A puntuación correspondente por día é de 0,0166667.

A puntuación máxima será 24 puntos.

c) Polos servizos efectivos, prestados en fiscalía no corpo de tramitación procesual e administrativa, outorgaranse 3 puntos por cada ano completo de servizos prestados. Para estes efectos, computaranse proporcionalmente os períodos inferiores por meses ou, no seu caso, por días, e os meses consideraranse de 30 días. A puntuación correspondente por día é de 0,0083333.

A puntuación máxima será de 24 puntos.


2.- Formación específica: 3 puntos.

Valorarase a formación específica incluída na relación de postos de traballo.




Quen fará a valoración dos méritos?


Unha comisión de valoración que será nomeada polo director xeral de Xustiza, integrada por:

a) Catro funcionarios/as da Administración convocante, dos cales un exercerá a pre­sidencia, outro a secretaría e dous actuarán como vogais. Polo menos un destes catro membros será funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

b) Un/unha representante das organizacións sindicais máis representativas, que actua­rá como vogal.



Como se realizara a valoración dos méritos pola comisión?


· Nunha 1ª fase se comprobarán e valorarán os méritos xerais.

· Nunha 2ª fase se valorarán as aptitudes concretas a través de coñecementos, ex­periencia, titulacións académicas e aqueloutros elementos que garantan a adecuación da persoa aspirante para o desempeño do posto, excluídos os valorados na 1ª fase. A valoración dos méritos específicos deberase efectuar mediante a puntuación obtida tras aplicar a media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión de valo­ración; deberá desbotarse para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, se é o caso, unha das que aparezan repetidas como tales.



Ligazóns:

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.


RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.