Alternativas solicita a convocatoria do curso superior de linguaxe xurídica galega

17 de setembro de 2015



DIRECTORA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rua de Madrid nº 2-4
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA


No DOG do día 15 de setembro, tras meses de longa espera, de envíos de cartas de protesta, de escritos asinados por centos de traballadoras/es, por fin se publicou a convocatoria da formación a distancia dos cursos de Linguaxe Xurídica.

Cal é a nosa sorpresa que na convocatoria aparecen os cursos de Linguaxe Xurídica Media pero non aparecen por ningunha parte os cursos do Nivel Superior, que precisamente son os que teñen unha maior demanda, xa que a maioría das traballadoras/es xa realizaron o curso Medio en anteriores convocatorias ou cando traballaban de funcionarios, funcionarias interinos.

Alternativas na Xustiza Galega-CUT (AXG-CUT) considera isto un ataque frontal contra o idioma galego e un desprezo absoluto os traballadores/as galegos que se atopan “emigrados” por outras Comunidades Autónomas.

Xa o explicamos en moitas cartas e reunións pero non temos problema en recordarlle que a non convocatoria dos cursos de Linguaxe Xurídica Superior “condena” a centos de traballadores a retrasar varios anos a súa volta a Galicia. Un curso equivale a 6 anos de antigüidade.

Non menos indignante é que unha Administración que ten entre as súas obrigas defender e potenciar o idioma galego quebrante as súas funcións máis elementais desprezando o nosa lingua.

Tamén nos escandaliza que Consello Reitor da EGAP que est constituído, entre outros, por profesores de Universidade, Sindicatos, Catedráticos de Universidade, algún Presidente da Deputación e o propio Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, permaneza impasible, ou mirando para outra banda mentras se despreza o idioma galego e os traballadores que queren facer o curso.

Por todo o exposto SOLICITAMOS, que COa menor brevidade posible e sempre meses antes de que se convoque o seguinte concurso de traslado na Administración de Xustiza, se convoquen cursos superiores de Linguaxe Xurídica Galega.

16 de setembro de 2015.

Asdo. Pablo Valeiras Rios

Portavoz de Alternativas na Xustiza Galega-CUT