Constituídas as Xuntas de Personal nas catro provincias galegas

6 de outubro de 2015

Máis de 3 meses despois das eleccións Sindicais, nas que AXG-CUT converteuse no 2º Sindicato de Galicia, por fin se constituíron as Xuntas de Persoal das 4 provincias Galegas.

As Xuntas de Personal quedaron constituídas do seguinte xeito:

A Coruña
Presidente: Arturo Aramburu (UXT)
Secretaria: Mª Consuelo Rodríguez Rodríguez (CIG)

Lugo
Presidente: Jesús Humberto Sánchez Costa (CIG)
Secretario: Jesús Castro Vázquez (UXT)

Ourense
Presidente: Mª del Pilar Gómez Alvarez (UXT)
Secretario: Alberto Fernández Rey (SPJ-USO)

Pontevedra
Presidente: Xose Barreiro (CIG)
Secretaria:Delmiro Durán (CIG)

Da constitución das Xuntas de Persoal podemos sacar as seguintes conclusións:

Que AXG-CUT, na primeira vez que se presenta as eleccións sindicais, conseguiu entrar en todas as Xuntas de Persoal, sendo maioritario na de Pontevedra.

Que SPJ-USO pasou a ser o primeiro sindicato na Administración de Xustiza de Galiza e pese a ser o sindicato maioritario na Coruña e Ourense, tan só consigue a Secretaría da Xunta de Personal de Ourense. AXG-CUT pasou de non existir na Administración de Xustiza a converterse no 2º Sindicato de Galicia, mentras que o que era o primeiro sindicato, CCOO, pasou a ser o último e quedar sen representación nas provincias de Pontevedra e Lugo.

Que AXG-CUT conseguiu o que non conseguiu nin a Xunta de Galiza con todos os Recortes. Que todos os Sindicatos se unan. En Pontevedra UXT-USO-CIG e STAJ votaron á candidatura da CIG, que é o penúltimo sindicato con só 2 delegados. AXG-CUT é o maioritario e temos 7 delegados.

Que UXT, STAJ, USO, CCOO e CIG en cada provincia pactaron cun sindicato distinto. Seguindo o que dicia Groucho Marx "estés son os meus principios e se non che gustan teño outros".

Que AXG-CUT non pactamos cos sindicatos por amizade. Nos só creemos nos pactos cos traballadores. Salvo na provincia de Pontevedra que somos maioritarios no resto abstivémonos de apoiar a ningún Sindicato, e tampouco confabulamos contra ningún.

Galicia, 5 de outubro de 2015