Relación de postos de traballo das oficinas fiscais

25 de novembro de 2015



No Diario Oficial de Galicia número 225, do 25 de novembro de 2015, publicouse a Resolución do 12 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.


Ligazón


Texto

Mediante Resolución do 26 de marzo de 2015 publicouse a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa estrutura e organización foi determinada polo Decreto 124/2014, do 11 de setembro.

De acordo co artigo 523 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, unha vez aprobadas as relacións de postos iniciais, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia para aprobar as súas modificacións.

Polo exposto, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación e o Consello Xeral do Poder Xudicial, e comunicada a modificación ao Ministerio de Xustiza,

DISPOÑO:

Artigo único


Aprobar a modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia que figura no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015