No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 219, de 12 de novembro, publícase o calendario laboral para o ano 2016 na provincia de Pontevedra
Ligazón
CALENDARIO LABORAL ANO 2016
Consonte co disposto no artigo 37.2, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, declarados vixentes pola disposición derrogatoria única do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo e no Decreto 103/2015, do 15 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para a provincia de Pontevedra o seguinte
PRIMEIRO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER XERAL.
De conformidade co disposto no Decreto 103/2015, do 15 de xullo, da Xunta de Galicia, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 serán as seguintes:
01 de xaneiro Aninovo.
06 de xaneiro Día de Reis.
24 de marzo Xoves Santo.
25 de marzo Venres Santo.
17 de maio Día das Letras Galegas
24 de xuño Día de San Xoán
25 de xullo. Día Nacional de Galicia.
15 de agosto A Asunción.
12 de outubro Día da Hispanidade.
01 de novembro Día de Todos os Santos.
06 de decembro Día da Cosntitución
08 de decembro. Día da Inmaculada
SEGUNDO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL.
Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, Decreto 67/2014, do 28 de maio e o artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:
AGOLADA
29 de xuño / 30 de xuño
ARBO
11 de xullo San Bieto / 16 de agosto San Roque
BAIONA
04 de xullo Virxe da Cela / 26 de setembro San Cosme e San Damián
BARRO
17 de xuño Festa do Viño / 30 de setembro Romaría de San Breixo
BUEU
16 de xullo Virxe do Carme / 11 de novembro San Martiño
CALDAS DE REIS
12 de febreiro Venres de Entroido / 16 de agosto San Roque
CAMBADOS
11 de xullo San Bieito / 18 de xullo Santa Mariña
CAMPO LAMEIRO
13 de xuño San Antón / 30 de setembro Festas Patronais de San Miguel
CANGAS
18 de marzo Venres das Dores / 29 de agosto Luns do Cristo
CAÑIZA, A
16 de maio Romaría das Pascuillas / 08 de setembro Romaría da Virxe da Franqueira
CATOIRA
04 de xullo Santo Pedro da Parroquia de Dimo / 11 de xullo Santo Antón de Padua e Neno Xesús
CERDEDO
13 de xuño Santo Antón / 01 de agosto Festividade do Ecce-Homo
COTOBADE
10 de febreiro Mércores de Cinza / 22 de agosto San Roque
COVELO
16 de maio Festa das Pascuillas / 08 de setembro Romaría da Franqueira
CRECENTE
13 de maio Virxe de Fátima / 18 de xullo Santa Marina
CUNTIS
11 de xuño San Bieito / 18 de agosto San Antón
DOZÓN
18 de xullo / 05 de setembro
ESTRADA, A
9 de febreiro Martes de Entroido / 27 de xuño Festas Patronais de San Paio
FORCAREI
29 de Agosto Luns das Dores / 11 de novembro San Martiño
FORNELOS DE MONTES
28 de marzo Luns de Pascua / 12 de agosto Festas de San Lourenzo
GONDOMAR
11 de xullo San Bieito / 16 de agosto San Roque
GROVE, O
16 de xullo Festividade do Carme / 11 de novembro San Martiño
GUARDA, A
09 de febreiro Martes de Entroido / 23 de setembro Santa Tegra
ILLA DE AROUSA
07 de xaneiro San Xulián / 09 de febreiro Martes de Entroido
LALÍN
26 de setembro / 27 de setembro Festas Patronais
LAMA, A
27 de xullo San Xoaquín e Santa Ana / 05 de agosto Nosa Señora das Ermidas
MARÍN
16 de xullo Nosa Sra. do Carme / 08 de setembro Festa da Virxe do Porto
MEAÑO
11 de febreiro San Bieto / 13 de decembro Santa Lucía
MEIS
28 de marzo Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas) / 11 de xullo San Bieito
MOAÑA
16 de xullo Nosa Sra. do Carme / 11 de novembro San Martiño
MONDARIZ
16 de maio Virxe da Franqueira / 16 de agosto San Roque
MONDARIZ-BALNEARIO
11 de febreiro Nosa Señora de Lourdes / 16 de maio Peregrinación ao Santiario da Franqueira
MORAÑA
19 de xullo Santa Xusta / 13 de decembro Santa Lucía
MOS
13 de xuño Festa da Rosa / 08 de agosto San Mamede
NEVES, AS
29 de xullo Santa Marta / 05 de agosto Nosa Señora das Neves
NIGRÁN
29 de xuño San Pedro / 01 de agosto San Fiz
OIA
16 de maio Virxe do Mar Patrona de Oia / 29 de setembro San Miguel
PAZOS DE BORBÉN
15 de xaneiro San Amaro / 28 de marzo Luns de Pascua
POIO
17 de agosto día da Galiza Martir / 24 de setembro Día da Mercé
PONTEAREAS
30 de maio Luns seguinte ao Corpus Cristi / 29 de setembro San Miguel Arcanxo
PONTE CALDELAS
10 de febreiro Mércores de Cinza / 31 de agosto Festa das Dores
PONTECESURES
07 de xaneiro San Xulián / 04 de xullo Festa do Carme
PONTEVEDRA
10 de febreiro Mércores de Cinza / 11 de xullo San Bieito
PORRIÑO, O
11 de xullo San Bieito / 28 de setembro Santísimo Cristo da Agonía
PORTAS
28 de marzo Luns de Pascua / 11 de xullo San Bieito
REDONDELA
04 de abril Luns do Cristo / 26 de maio Xoves da Coca
RIBADUMIA
28 de marzo Luns de Pascua / 03 de xuño Festa do Viño Tinto
RODEIRO
13 de xuño Santo Antonio / 08 de setembro Nosa Señora do Faro
ROSAL, O
09 de febreiro Martes de Entroido / 11 de novembro San Martiño
SALCEDA DE CASELAS
09 de febreiro Martes de Entroido / 18 de xullo Luns do Cristo
SALVATERRA DE MIÑO
13 de xuño Santísimo Cristo da Victoria / 10 de agosto San Lourenzo
SANXENXO
28 de marzo Romaría O Con / 25 de agosto San Xenxo
SILLEDA
22 de agosto Festa da Empanada de Bandeira (luns posterior) / 19 de setembro Festa da Saleta, Silleda
SOUTOMAIOR
28 de marzo Luns de Pascua / 06 de agosto San Salvador
TOMIÑO
09 de febreiro Martes de Entroido / 12 de setembro Luns do Alivio
TUI
08 de febreiro Luns de Entroido / 04 de abril Luns de San Telmo
VALGA
28 de marzo / 26 de xullo
VIGO
28 de marzo Reconquista de Vigo / 16 de agosto San Roque
VILABOA
09 de febreiro Martes de Entroido / 11 de novembro San Martiño
VILA DE CRUCES
08 de agosto Festas Patronais / 09 de agosto
VILAGARCÍA DE AROUSA
23 de maio Santa Rita / 16 de agosto San Roque
VILANOVA DE AROUSA
15 de xaneiro San Mauro / 16 de setembro San Cibrán
TERCEIRO.— Consonte co disposto no artigo 48.7 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as festas laborais sinaladas, tanto as de carácter autonómico coma local, terán a consideración de días inhábiles para os efectos de cómputos de prazos
CUARTO.— OBRIGATORIEDADE DO CALENDARIO.
En virtude do disposto no artigo 34.6 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo, para coñecemento e consulta dos traballadores, o calendario laboral.
O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Vigo, 22 de outubro de 2015.— O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé Etiquetas: Calendario laboral , Pontevedra