[06/04/2016] - Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

6 de abril de 2016



Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 06 de abril de 2016.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só accesible dende o posto de traballo).


AVISOS

Substitucións entre titulares:

Puntos quinto e sexto da Resolución do 07/05/08 DOG 15/05/08

Anticipar por fax: núm. 981 54 62 22

Modelo: Anexo II



A CORUÑA


XDO. DO PENAL NÚM. 4 – A CORUÑA

Corpo: Tramitación procesual e administrativa
Prazo: 06, 07 e 08 de abril de 2016
Motivo: Licenza por enfermidade


XDO. DO SOCIAL NÚM. 2 – A CORUÑA

Corpo: Xestión procesual e administrativa
Prazo: : 06, 07 e 08 de abril de 2016
Motivo: Vacante


FISCALÍA PROVINCIAL – A CORUÑA

Corpo: Tramitación procesual e administrativa
Prazo: : 06, 07 e 08 de abril de 2016
Motivo: Vacante


XDO. DE INSTRUCIÓN NÚM. 2 - FERROL

Corpo: Xestión procesual e administrativa
Prazo: : 06, 07 e 08 de abril de 2016
Motivo: Vacante


OURENSE


XDO. DE 1ª INSTANCIA NÚM. 5 DE OURENSE

Corpo: Xestión procesual e administrativa
Prazo: : 06, 07 e 08 de abril de 2016
Motivo: Vacante



PONTEVEDRA


FISCALÍA PROVINCIAL - PONTEVEDRA

Corpo: Tramitación procesual e administrativa
Prazo: : 06, 07 e 08 de abril de 2016
Motivo: Vacante


XDO. 1ªINSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚM. 1 TUI

Corpo: Tramitación procesual e administrativa
Prazo: 06, 07 e 08 de abril de 2016
Motivo: Cambio situación administrativa