[21/06/2016] - Publicada a listaxe coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

21 de xuño de 2016

Na intranet xudicial publicouse con data 21 de xuño de 2016 a resolución do director xeral de Xustiza polo que se adxudican as últimas prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Poden consultar a información no documento adxudicación de postos (só accesible dende o posto de traballo).


Adxudicación substitucións entre titulares_Publicación 14,15 e 16 xuño 2016


Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, pocedeuse á publicación das prazas na intranet xudicial durante os días 14,15 e 16 de xuño.
Logo da revisión das peticións recibidas nesta Dirección Xeral, acórdase a súa resolución coa data de efectos indicada en favor dos/as adxudicatarios/as segundo o anexo adxunto.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, sendo comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.
O goce dos permisos ou vacacións que os adxudicatarios/as teñan autorizados no seu xulgado de orixe, queda supeditado á súa confirmación polo/a superior funcional da unidade de destino.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (Arts. 116 e
117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses (Art.14 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO

Órgano xudicial da desocupación: Xdo. do Penal 6 A Coruña
Motivo da desocupación: Liberación sindical Corpo: CTPA

Adxudicatario/a:
Localidade de destino do/a adxudicatario/a: O Porriño Corpo: CAX
Data de inicio da substitución: 30.06.2016


Órgano xudicial da desocupación: Decanato SCACV Ferrol
Motivo da desocupación: Vacante Corpo: CTPA

Adxudicatario/a:
Localidade de destino do/a adxudicatario/a: A Coruña Corpo: CAX
Data de inicio da substitución: 28.06.2016


Órgano xudicial da desocupación: Xdo. do Penal 1 Santiago de Compostela
Motivo da desocupación: Vacante Corpo: CAX

Adxudicatario/a:
Localidade de destino do/a adxudicatario/a: Santiago de Compostela Corpo: CAX
Data de inicio da substitución: 28.06.2016


Órgano xudicial da desocupación: Xdo. 1ªInst/Instr. 1 O Carballiño
Motivo da desocupación: Vacante Corpo: CAX

Adxudicatario/a:
Localidade de destino do/a adxudicatario/a: O Porriño Corpo: CAX
Data de inicio da substitución: 28.06.2016


Órgano xudicial da desocupación: Xdo. Instrución 8 Vigo
Motivo da desocupación: Licenza por enfermidade Corpo: CTPA

Adxudicatario/a:
Localidade de destino do/a adxudicatario/a: Vigo Corpo: CTPA
Data de inicio da substitución: 28.06.2016


Órgano xudicial da desocupación: Xdo. 1ª Inst/Instr.4 Cambados
Motivo da desocupación: Comisión de Servizos Corpo: CXPA

Sen peticións