Xa está dispoñible na OPAX a caixa de comunicacións, unha nova ferramenta de comunicación entre o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e os servizos de persoal nas súas relacións.
A caixa de notificacións será a nova canle de notificación das resolucións que atinxen ao persoal dos corpos xerais da Administración de xustiza en Galicia. A través desta nova funcionalidade, e á medida que se vaian adecuando os procedementos actuais, os acordos, logo de seren asinados pola autoridade competente, serán postos polo correspondente servizo de persoal á disposición da persoa interesada no apartado da OPAX habilitado para o efecto, con vistas á súa consulta ou descarga.
Posto que se trata dun medio de notificación, o acceso terá que facerse mediante o certificado electrónico co que conta todo o persoal ou ben a través de calquera outro medio dos validamente recoñecidos, incluido o asociado ao DNI.
No momento da posta á disposición de calquera documento, o sistema remitirá un correo informativo ao enderezo electrónico institucional da persoa interesada, a fin de que a información sexa o máis áxil posible.
O primeiro procedemento cuxa notificación se fará a través da nova caixa é o da posta á disposición dos acordos de recoñecemento de trienios para o persoal titular, que estrenarán esta nova función da OPAX.
Etiquetas: Intranet Xustiza , OPAX