[17/10/2016] - Publicada a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

17 de outubro de 2016

Publicada con data 17 de outubro de 2016 a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos. (só accesible dende o posto de traballo).

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.


Resolución

Adxudicación substitucións entre titulares_Publicación 11, 13 e 14 de outubro de 2016

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, pocedeuse á publicación das prazas na intranet xudicial durante os días 11, 13 e 14 de outubro.
Logo da revisión das peticións recibidas nesta Dirección Xeral, acórdase a súa resolución coa data de efectos indicada en favor dos/as adxudicatarios/as segundo o anexo adxunto.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, sendo comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no acordo de substitución, e para a formalización desta incorporación, expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.
O goce dos permisos ou vacacións que os adxudicatarios/as teñan autorizados no seu xulgado de orixe, queda supeditado á súa confirmación polo/a superior funcional da unidade de destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (Arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses (Art.14 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.



ANEXO

Órgano xudicial da desocupación:   

Xdo. 1ª Instancia núm. 12 A Coruña

Motivo da desocupación:  Vacante

Corpo:  CXPA

Adxudicatario/a: ...

Localidade de destino do/a adxudicatario/a:  A Coruña

Corpo:  CTPA

Data de inicio da substitución:  20.10.2016



Órgano xudicial da desocupación:   

Xdo. 1ª Inst/Instr Nº 1 Tui

Motivo da desocupación:  Licenza por enfermidade

Corpo:  CAX

Adxudicatario/a:  Sen peticións