Alternativas na Xustiza-CUT solicita á Dirección Xeral de Xustiza que o reforzo nomeado para o SCA do Decanato de Pontevedra e Vigo apoie as quendas de atribucións

18 de novembro de 2016

Ante o mal funcionamento das quendas das atribucións e ante o incumprimento poas Delegacións Territoriais da normativa vixente, coaccionando aos auxilios para que vaian facer atribucións en distintos centros de destino dos recollidos no artigo 51 do Regulamento 249/1996, este sindicato solicitou a Dirección Xeral de Xustiza a creación de prazas de auxilio xudicial no Servizo de Apoio dos Decanatos de Vigo e Pontevedra, para realizar o traballo que viñan desempeñando as quendas de atribucións.

Unha vez logrado o reforzo para o Decanato de Vigo e outro para o de Pontevedra, aínda que insuficiente a todas luces, entendemos que as persoas nomeadas respectivamente deberán apoiar as quendas de atribucións e, por conseguinte, facer as seguintes funcións:

 Correo urxente
 Asistencia a vistas
 Práctica das videoconferencias que ata agora se fan nas quendas.

Polo exposto, dende ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT entendemos que a solución para evitar os problemas que acabamos de explicar pasaría por que ao funcionario/a interino/a de reforzo do corpo de Auxilio Xudicial nomeado para o Servizo Común de Apoio de Vigo e Pontevedra se lle asignen as funcións anteriormente descritas, sin esquecernos de que a reivindicación de este sindicato desde hai tempo é potenciar o SCA do Decanato de Vigo e Pontevedra, coa creación de mais prazas de Auxilio Xudicial e cubrir as carencias existentes na Administración de Xustiza respecto das substitucions.

A Coruña, 16 de novembro de 2016.

Responsable de Acción Sindical de Alternativas na Xustiza-CUT 
Javier Fernández Castro.

Escrito remitido a 
SUBDIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA
Rúa Madrid nº 2-4 Santiago de Compostela



Solicitude á Dirección Xeral de Xustiza
Preme na imaxe para ampliar