Como vostede ben sabe, o arquivo do Xulgado de 1ª Instancia número 10 (Familia) da Coruña, atópase nunha situación lamentable. Este sindicato remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza en data 09 de novembro do ano en curso, o Maxistrado e Letrada da Administración de Xustiza de devandito Órgano Xudicial fixeron o propio en datas recentes.
Por outra banda, a Técnico do arquivo xudicial da provincia da Coruña, pasouse polo Xulgado para ver “in situ” a situación daquel, constatando que efectivamente atópase colapsado por unha mala xestión do/a funcionario/a do Corpo de Auxilio Xudicial destinado/a no ultimo ano, e que a funcionaria que se atopa actualmente no Xulgado (titular), resúltalle imposible poñelo ao día por falta de tempo, tendo en conta que ten que realizar as seguintes funcións:
■ Atender a Sala de Vistas todos os días de 09.30 horas ata as 14.00 horas, para a celebración de vistas e comparecencias. Téñase en conta que co novo programa de gravación (e-fidelius) impide simultanear a sala con outro tipo de traballo, tal e como ocorría con anterioridade á súa implantación.
■ Practica de correo. O volume de correo é importante, nunca menos de 40 cartas certificadas diarias.
■ Atención inicial ao cidadán.
■ Levar e traer toda a documentación relativa a actos de comunicación propios do Servizo Común, e recoller os escritos no Servizo Común de Rexistro de escritos, para posteriormente repartilos ao resto de traballadores do Xulgado.
■ Práctica de videoconferencias por medio de exhorto xudiciais.
■ No xulgado non existe nada dixitalizado, todo esta en formato papel, o movemento de causas é diario (da mesa ao arquivo e do arquivo a mesa, sobre todo para as incapacidades, tutelas e testimonios).
■ O número de certificacións ou testimonios (máis de 100 cada 15 días) que se expiden para presentar en organismos como o INEM, Facenda, Axencia Tributaria, Garderías, Colexios, etc.
Polo exposto e ante a falta de persoal do corpo de auxilio no Servizo Común de Apoio da Coruña para cubrir estas necesidades coxunturais, SOLICITAMOS QUE SE NOMEE un reforzo do corpo de Auxilio Xudicial PARA POÑER AO DÍA O ARQUIVO XUDICIAL, pois doutra maneira, resulta imposible resolver esta situación.
A Coruña, 2 de decembro de 2016.
Etiquetas: Coruña , Reforzos , Xulgados