Diriximoslle a presente carta como máximo responsable da Dirección Xeral de Xustiza, para facerlle saber que se non se produce un cambio radical na política da cobertura de prazas vacantes ou cando o seu titular se atopa ausente por diferentes causas (excedencia, licenza, comisión de servizo, liberación sindical…), cos dous sistemas actuais (nomeamento de interinos e substitucións entre titulares), esgotaremos todas as vías legais para que dunha vez por todas se cumpra coa lexislación vixente.
O que non podemos permitir é que a Xunta de Galicia suba o soldo do executivo e deputados do parlamento galego, mentres os Xulgados Galegos atópanse con carencias de medios persoais, coa repercusión negativa sobre os traballadores e cidadáns.
No caso de interinos, XA SON TRES CASOS NOS TRES ÚLTIMOS MESES (12 de Outubro, 07 de Novembro e 28 de Decembro), en que non realizan os chamamentos de funcionarios interinos.
No caso das substitucións, a modo de exemplo, o caso máis recente é o do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Ourense, no que unha funcionaria xubilouse con data 21 de Decembro. A Letrada da Administración de Xustiza (LAX) do devandito Xulgado, coa previsión suficiente comunicou á Dirección Xeral de Xustiza dita circunstancia para que se cubrise o máis axiña posible. E máis, é a propia DXX a que lle puxo data a xubilación da funcionaria. Ante a pasividade da DXX non lle quedou outra que efectuar chamada telefónica e solicitar a cobertura da praza, e cal foi a súa sorpresa, lexos de por solución, lle contestaron “QUE TIÑAN MAIS SUBSTITUCIÓNS POR PUBLICAR, PERO QUE ESTABAN DE VACACIÓNS”.
Hai que lembrarlle á Dirección Xeral de Xustiza que os Xulgados non pechan as súas portas e que precisamente por imperativo de esa Dirección, NOS PERÍODOS VACACIONAIS DEBE QUEDAR UN MÍNIMO DE FUNCIONARIOS (aproximadamente a metade do persoal) para que non se vexa afectada a prestación do servizo público.
Xa se reflicte na memoria do Tribunal Superior de Xustiza de 2015, “es necesario que las plantillas estén en todo momento debidamente diseñadas y cubiertas. Pero en Galicia continúan sin desaparecer ciertas anomalías que impiden el adecuado funcionamiento del sistema, y en consecuencia, la prestación de un servicio público de calidad. Falta o tardía cobertura de las plazas vacantes y, sobre todo, de las licencias por enfermedad”.
Pois ben, parécenos sangrante que a Dirección Xeral de Xustiza facendo uso do “dereito de pernada” ao que nos ten habitualmente afeitos, permítase o luxo de incumprir a lexislación vixente en canto a provisión de prazas. É máis, ignora o “tirón de orellas” do Tribunal Superior de Xustiza, e en lugar de mellorar a situación, o que fai é empeorala.
A Coruña, 30 de Decembro de 2016.