O esforzo e traballo, dá os seus froitos.

22 de decembro de 2016

Para garantir as condicións mínimas de seguridade e saúde dos traballadores do Xulgado de Paz de Sada, Alternativas na Xustiza-Cut, remitiu varios escritos ao Alcade da devandita localidade, co fin de esixir a instalación dun equipo de calefacción e aire acondicionado, todo iso a cargo da subvención que recibe anulamente o Concello da Dirección Xeral de Xustiza.

Como non obtivemos resposta, denunciamos a situación nos medios de comunicación (véxase a opinión de data 08/09/2016).

A raíz diso, e mediante conversacións telefónicas comprometéronse a acometer a obra en breve, si ben concedido o beneficio da dúbida e transcorrido con creces o prazo pactado verbalmente, non se chegou a cumprir.

En consecuencia, mantivemos reunión no mes de Outubro co Alcalde, onde se mostrou partidario de resolvelo canto antes, pois entendía perfectamente que esta situación non se podía prolongar no tempo.

A día de hoxe, podemos dicir que o Xulgado de Paz de Sada conta con calefacción e aire acondicionado. 

A Coruña, 22 de Decembro de 2016.



 Alternativas na Xustiza-Cut A Coruña