AXG-CUT propuxo como solucións a estes problemas:
A. “Que se creara unha quenda voluntaria e incentivada na que se pagara por atribución efectiva realizada e non por dispoñibilidade coma é a día de hoxe.
B. “Creación de prazas de Auxilio Xudicial no Servizo de Apoio das 7 grandes cidades”
Ante a falta de iniciativa por parte da Dirección Xeral de Xustiza de Galicia dende AXG-CUT tomamos diferentes medidas en cada cidade. En Ferrol, Pontevedra e A Coruña recollemos sinaturas da gran maioría dos Auxilios solicitando solucións. Na cidade de Vigo pola súa parte a maioría de traballadores deuse de baixa, previo aviso á Administración por escrito, das Quendas de Atribucións.
Neste escrito queremos denunciar a “caza de bruxas” que se está levando a cabo contra os traballadores que renunciaron á quenda, posto que a Admón está a proceder ao chamamento forzoso dos renunciantes a pesar de pertencer estes a outros centros de destino, a propósito de que ese acto en si mesmo é ilegal (art. 51 do R.D 249/1996, do 16 de febreiro, o art. 74.2 do regulamento de Ingreso e a Lei Orgánica do Poder Xudicial). Por todo iso, se a DXX continúa insistindo nestes chamamentos ilegais, denunciaremos estes feitos ante a fiscalía por presunta prevaricación.
Vigo, 23 de xaneiro 2017