Segundo borrador da Orde de Interinos (Claros e escuros)

20 de febreiro de 2017

O pasado día 17 de febreiro a Dirección Xeral remitiu por correo electrónico un segundo borrador da orde que regulará o chamamento dos funcionarios interinos de Galicia. Nesta se recollen varias das alegacións presentadas por ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT), pero non é menos certo que Administración mantén varios puntos que son inadmisibles para AXG-CUT o máis grave é o mantemento do curso obrigatorio e eliminatorio para tódolos os funcionarios interinos, e a falta de control dos chamamentos urxentes.

A continuación pódense ver as alegacións de AXG-CUT que foron recollidas no texto e as que non.

ALEGACIONS DE AXG-CUT RECOLLIDAS NO TEXTO DO BORRADOR

1. ANTIGÜIDADE.

Recolle a alegación de AXG-CUT de ELEVAR a puntuación máxima a 30 puntos (equivalentes a 10 anos traballados). Única maneira de recoñecer a experiencia dos traballadores. Único Sindicato que solicitou o aumento da puntuación.

2. PUNTUACIÓN EXAMES.

Recolle a alegación de AXG-CUT de aumentar a puntuación por exame de oposición aprobado:

XESTIÓN.- 5 ptos. Primer exercicio– 5 ptos. segundo exercicio – 4 tercer exercicio, MAX 14 ptos.

TRAMITACIÓN E AUXILIO.- 7 ptos. Primer exercicio – 7ptos. Segundo exercicio MAX 14 ptos.

PARA TODOS OS CORPOS.- 3 puntos por cada exercicio superado na penúltima oposición. MAX 9 ptos.

O RESTO É IGUAL

Aumentan a Puntuación máxima desta epígrafe de 20 puntos a 28 PUNTOS.

3. TITULACIÓN ACADÉMICA:

Aínda que aumentaron a valoración do Dereito baixan, como solicitaba AXG-CUT, de 7 ptos a 6 ptos

4. LIBRE ELECCIÓN DE BOLSA:

A Dirección Xeral mantén a postura que defende AXG-CUT de que sexa o traballador que esté admitido en máis dunha bolsa, o que decida en que bolsa quere traballar.

5. PORCENTAXES DAS BOLSAS:

Tal e como solicitou AXG-CUT recóllense as porcentaxes de integrantes das bolsas de Xestión-Tramitación e Auxilio.

ALEGACIÓNS NON RECOLLIDAS (ESCUROS)

· A Dirección Xeral, non entendemos o porque, mantén o ano 2004 como data de comezo para computar a antigüidade en lugar do ano 1992, ano de entrada en vigor da primeira bolsa de interinos

· A Dirección Xeral mantén O PRINCIPIO DE PRESUNCIÓN DE CULPABILIDADE DO FUNCIONARIO INTERINO, E O QUE É MÁIS GRAVE mantén o artigo 13 onde inclúe un curso de formación OBLIGATORIO E ELIMINATORIO, para todos os interinos, tanto os que teñen experiencia como os que non. DE MANEIRA HIPOCRITA ENGADE NO NOVO TEXTO UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA APROBALO.

· COÑECEMENTO DO GALEGO. A Dirección Xeral aumenta a puntuación dos cursos de galego pero non alcanza o que dende AXG-CUT consideramos necesario para unha comunidade histórica coma a galega, e para recoñecer o esforzo realizado polos traballadores interinos na realización do curso de galego. No novo texto iniciación os cursos pasan a valer 1 pto iniciación - 2 ptos Linguaxe X. Medio e 4 Linguaxe X. Superior. Para Alternativas a valoración debe ser (iniciación 4 puntos, medio 8 puntos, superior 12 puntos)

· NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA: No texto non se recolle a nosa alegación que impediría que excluídos da bolsa tarden ata 2 anos en ser notificados, impedindo mentres tanto que persoas da bolsa de reserva suban a bolsa de traballo. Esiximos por tanto notificación da exclusión da bolsa mediante correo electrónico ou whatssap.

· Non recollen a SUSPENSIÓN POR ACTIVIDADE PROFESIONAL NO SECTOR PÚBLICO OU PRIVADO sen limite coma teñen os interinos das bolsas de Secretarios, Xuíces e Fiscais que non teñen límite para a suspensión.

· Non recollen con respecto ao CESAMENTO DE INTERINOS que cando un interino é nomeado para substituír a outro por enfermidade, non se aplique a regra de cesamento por levar máis de 18 meses, toda vez que non existe coincidencia de dous funcionarios interinos. Non facer isto sería ilegal pois impediría a un traballador coller baixa laboral.

· CHAMAMENTOS DE OFICIO: A Dirección Xeral segue deixando en mans dos Letrados Xudiciais os chamamentos en vez de ser a propia Dirección Xeral, tal e como solicita AXG-CUT, a que o fixera de oficio para evitar así as causas que poden levar aos Letrados Xudiciais a facelos en tempo e forma.

· CURSOS DE FORMACIÓN: No novo texto recollese que “non se valoraran cursos cunha antigüidade superior a 5 anos”. Para AXG-CUT é ilegal xa que se podería producir que se valorasen cursos de leis xa modificadas ou derrogadas e sen embargo que se deixasen sen valorar cursos de leis vixentes.

A Administración o único que pretende con esta medida é reducir de maneira considerable o número de cursos a valorar sen preocuparlle o prexuízo sobre os traballadores.

A TÚA AFILIACIÓN É A NOSA ÚNICA SUBVENCIÓN