O pasado día 03 de abril publicouse na intranet xudicial a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Na devandita resolución, pódese observar que a praza de Auxilio Xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, queda sen cubrir por non haber peticións. Do mesmo xeito e polas mesmas razóns, a praza do corpo de Auxilio Xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, tamén queda sen cubrir.
O día 05 de abril, realizase oferta de prazas para interinos a fin de proceder á cobertura das mesmas, e como non podía ser doutra forma, sae publicada a praza do Corpo de Auxilio Xudicial do Xulgado Mixto número 1 de Tui, AÍNDA QUE A DO XULGADO MIXTO NÚMERO 1 DO BARCO DE VALDEORRAS, NON SE OFERTA.
Non sabemos se existen “intereses ocultos” que por suposto descoñecemos. Agora ben, o que se podemos afirmar con rotundidade é que a Dirección Xeral de Xustiza con esta actitude está a discriminar ao Xulgado Mixto 1 do Barco de Valdeorras e creando agravio comparativo, saltándose os principios de igualdade, legalidade e transparencia.
Por iso SOLICITAMOS que de maneira INMEDIATA se proceda á cobertura da praza de Auxilio Xudicial existente no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, mediante o nomeamento de funcionario interino.