AXG-CUT considera imprescindible o nomeamento con data 01/06/2017 de 5 reforzos para cada un dos Xulgados "cláusulas solo"

29 de maio de 2017

"escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza"

Para AXG-CUT sen lugar a dúbidas a mellor fórmula para a xestión das cláusulas solo, sobre todo tras o bo funcionamento da experiencia dos xulgados de preferentes nas cidades da Coruña e Vigo, sería a posta en funcionamento nas 7 grandes cidades de un xulgado específico para tratar as reclamacións sobre as “cláusulas solo”. Así llo fixemos saber por carta pasado día 17 de abril ao Director Xeral, e días máis tarde ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nunha reunión co Presidente do Tribunal.

Dende AXG-CUT temos coñecemento que moitos despachos de avogados teñen paralizadas demandas sobre cláusulas solo a espera das medidas do Consello Xeral do Poder Xudicial. Tomada agora a decisión estamos convencidos que ante a falta de contestación por parte dos bancos ás reclamacións dos usuarios, ante a máis que posible falta de acordo e as demandas que están paralizadas nos despachos provocará unha entrada moi importante de demandas nas próximas semanas.

Como a decisión do Consello Xeral é inamovible consideramos imprescindible, para evitar o colapso dos xulgados elixidos para levar as cláusulas solo e derivados, o reforzamento con traballadores de maneira inmediata (dicimos de maneira inmediata porque o proceso de nomeamento de reforzo na Administración e lenta e retrasala comprometería a capacidade dos xulgados para dar saída ou resposta aos asuntos doutra natureza e os das cláusulas solo e derivados).

Non tomar a iniciativa por parte da Xunta de Galicia, no nomeamento dende o día da entrada en vigor da especialización dos Xulgados designados a faría responsable da lentitude na tramitacións dos procedementos e con elo do prexuízo sobre os cidadáns afectados pola usura da banca. E por suposto tamén faría responsable a Xunta de Galicia de beneficiar aos bancos.

Unha vez mais o Goberno do Sr. Nuñez Feijoo publicitou en prensa (radio galicia-cadena ser 26/05/2017) que “a Xunta comprométese a achegar os medios que reclame o tribunal” e sabemos de primeira man que no día de hoxe os Decanos das catro provincias remitirán ao Tribunal Superior de Xustiza a petición deste, relación dos medios materiais e persoais que consideren necesarios para o desenvolvemento da actividade diaria.

Polo tanto para Alternativas na Xustiza-CUT, é imprescindible que o mesmo día que comece a especialización en cada un dos xulgados, estén reforzados 2 XESTORES, 2 TRAMITADORES E 1 AUXILIO XUDICIAL co fin de axilizar o tempo de resposta, elevar a seguridade xurídica e aumentar a confianza do cidadán.

Galicia, 29 de maio de 2017

Responsable de acción sindical de Alternativas na Xustiza-CUT 
Javier Fernández Castro.

Alternativas na Xustiza-CUT