"escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza"
Hai uns meses
Alternativas na Xustiza-CUT e tras realizar unha
asemblea cos funcionarios do Corpo de Auxilio Xudicial de Ferrol,
acordouse por unanimidade dos alí presentes , solicitar á Dirección Xeral de Xustiza o
nomeamento urxente de funcionarios de reforzo de Auxilio Xudicial para o Servizo Comun de Apoio do Decanato . En consecuencia, por este sindicato remitiuse o escrito cuxo contido se detalla a continuación,
xunto con anexo de sinaturas dos traballadores:
Cada ano na cidade da Ferrol se reciben aproximadamente 250 solicitudes de cooperación xudicial do resto de Órganos Xudiciais de todo o Estado mediante a expedición do corresponde exhorto. Unha cidade coma Ferrol, só conta cunha única sala de Videoconferencias e un único aparato de Videoconferencias para realizar todas as solicitudes que chegan do resto de Órganos Xudiciais. Os motivos que provocan o mal funcionamento das Videoconferencias son os seguintes:
1.Coincidencia de 2 ou 3 funcionarios de auxilio xudicial na sala de Videoconferencia. Por causas alleas aos Auxilios Xudiciais (atraso na celebración da sesións de xuízo oral do Órgano Xudicial do que pende o exhorto, atraso nas declaracións que se realizan en fase de instrución, etc...", en numerosas ocasións, dáse a circunstancia de que nun mesmo espazo e tempo atópanse ata tres funcionarios do Corpo de Auxilio Xudicial, esperando para poder practicar o exhorto en cuestión. 2.Que todolos Organos Xudiciais de Ferrol, en total 13 (a excepción de Social núm.1, núm. 2, e Penal núm.1) contan cun único funcionario de Auxilio Xudicial, que teñen sala a gran maioria dos días, chegando a denegarse a practica de exhortos por tal motivo. 3.No caso de que se practique a videoconferencia en cuestión, os xulgados quedan sen ningún funcionario do corpo de Auxilio durante boa parte da xornada laboral, iso sen falar do traballo que se retrasa no propio xulgado (correo, arquivo, dilixencias, etc...) Na cidade de Ferrol os traballadores negáronse e negaranse a formar parte das quendas, sempre solicitaron a creación de funcionarios de Auxilio no Servizo de Apoio, cun argumento de puro sentido común “Non vou deixar o traballo do meu xulgado sen facer, para facelo noutro” Tamén adiantamos neste escrito que os traballadores e AXG-CUT recorreremos calquera intento por parte das Delegacións Territoriais de incumprir a normativa vixente, é dicir artigo 51 do Real Decreto 249/1996 do 16 de Febreiro, artigo 74.2 do Regulamento de ingreso, e artigo 527 da Lei Organica do Poder Xudicial, saltando o principio de xerarquia normativa e o recollido por varias sentenzas xudiciais desta e outras Comunidades Autonomas. Por último, temos que engadir que CONTAMOS CO APOIO DO SR. XUIZ DECANO dos Xulgados desta cidade, POIS RESPALDA INTEGRAMENTE a nosa solicitude, xa que ve NECESARIO E IMPRESCINDIBLE a creación de prazas no SCA. Por todo o anterior, e co fin de solventar ambos problemas, SOLICITAMOS que se creen no Servizo Común de Apoio de Ferrol, as prazas necesarias do Corpo de Auxilio Xudicial para a realización de todas as Videoconferencias que haxan de levarse a cabo nos Xulgados, e ademais cubrir as vacacións, permisos ou licencias nos xulgados onde só existe un funcionario de Auxilio Xudicial.
Ante a inacción e pasividade desa Dirección Xeral,
reiteramos dita petición para que de
MANEIRA URXENTE se proceda ao nomeamento de funcionarios de reforzo do corpo de Auxilio Xudicial para o SCA do Decanato, tendo en conta que non entendemos o
agravio comparativo ao que se somete á cidade de Ferrol, pois A Coruña, Vigo e Pontevedra xa contan co devandito persoal.
A Coruña, 26 de abril de 2017.
Responsable de acción sindical de Alternartivas na Xustiza-CUT
Javier Fernández Castro
Etiquetas:
Ferrol
,
Reforzos
,
Xulgados