Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

4 de maio de 2017


"publicado na intranet"

Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data 4 de maio de 2017.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, pooderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos priodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración. 


Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao  ANEXO II BIS  dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento AVISOS DE DESOCUPACIÓN  (só accesible desde o posto de traballo)