AXG-CUT esixe á DXX a ampliación dos cadros de persoal nos Xulgados cláusulas "solo" de Vigo e Coruña

21 de xullo de 2017

"escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza"

O Consello Xeral do Poder Xudicial recoñecía de forma expresa no seu plan aprobado sobre a especialización dos Xulgados para coñecer dos litixios polas cláusulas solo, que de xeito gradual e flexible farase unha valoración axustada ás necesidades, o que permitiría acomodar os medios materiais e persoais. Do mesmo xeito, o Vicepresidente da Xunta e máximo responsable da Xustiza en Galicia comprometeuse a ampliar o cadro de persoal si as cargas así o xustificaban.

Pasado apenas un mes e medio da entrada en funcionamento do xulgado de cláusulas solo da Coruña e Vigo, as peores previsións de Alternativas na Xustiza-Cut se confirman:

O número de demandas presentadas en A Coruña a data 19 de xullo ascende a 560, mentres que en Vigo a 670. A proxección a un ano natural das cifras mencionadas de manterse o ritmo, sería para a cidade da Coruña a de 4480 e para Vigo a de 5434.

Dende Alternativas na Xustiza-CUT cremos que estes números todavía aumentarán, sobre todo tendo en conta que este xulgado é de ámbito provincial e principalmente por o número de vivendas vendidas nos derradeiros anos en Galicia.

Actualmente o xulgado de cláusulas solo conta cun cadro de persoal de 1 maxistrado 1 xestor PA, 1 tramitador PA e 1 auxilio xudicial (TOTAL 4 TRABALLADORES) mentres un xulgado de primeira instancia conta 1 maxistrado, 1 letrado da administración de xustiza, 3 xestores pa, 4 tramitadores pa e 1 auxilio xudicial (TOTAL 10 TRABALLADORES).

Mentres nun xulgado con 10 traballadores leva ao ano aproximadamente 800-850 demandas a Xunta pretende que o xulgado de cláusulas solo, con 4 funcionarios leve  4480 para o caso de Coruña e 5434 en Vigo.

Como apuntamos anteriormente a proxección anual indica que os xulgados especializados en cláusulas “solo” asumirán 500% máis de traballo que os Xulgados de Primeira Instancia.

Debemos engadir que nos Xulgados de cláusulas solo,  as reclamacións tramítanse a través do procedemento ordinario, un dos máis complexos e cuxa duración se prolonga máis no tempo.

Se o anterior non fose suficiente, temos que dicir que a partir do 04 de setembro empezarán os primeiros xuízos. Sen o persoal suficiente colapsarase o Xulgado e impedirá ditar sentenzas nuns prazos razoables, a súa posterior notificación e o que é máis importante, a execución do acordado naquela, que non é máis que a solución pretendida polo cidadán.

Polo exposto anteriormente, Alternativas na Xustiza-CUT SOLICITA con carácter inmediato a ampliación do cadro de persoal dos Xulgados de cláusulas solo, de Vigo e Coruña.

En Galicia, 20 de xullo de 2017.

Responsable de acción sindical de Alternativas na Xustiza-CUT.
Javier Fernández Castro


Alternativas na Xustiza-Cut