Publicadas no BOE modificacións na convocatoria do concurso de traslados 2017

14 de agosto de 2017

" publicado no BOE"

Publicación no BOE do  10 de agosto e  do 14 de agosto  de senllas modificacións da convocatoria de concurso de traslados do ano 2017.

Con data 10 de agosto de 2017 publicouse no BOE a Resolución do 26 de xullo de 2017, da Consellería de Presidencia e Participación Cidadá do Goberno do Principado de Asturias, pola que se modifica a do 19 de xuño de 2017, pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.

A modificación consiste en excluír da relación de prazas ofertadas dúas do corpo de Tramitación Procesual e Administrativa por non estar vacantes.

resolución ASTURIAS

Así mesmo, hoxe ( 14 de agosto de 2017) publícase no BOE a Resolución do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Igualdade do Gobierno de Canarias, pola que se modifica a do 19 de xuño de 2017, pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.


Suprímese unha das prazas vacantes ofertadas  do corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

resolución CANARIAS