Apertura bolsa de interinos País Vasco

10 de xaneiro de 2018


"publicado no BOPV"

Hoxe publicouse no Boletín Oficial do País Vasco a Resolución do 20 de decembro de 2017, da Directora da Administración de Xustiza, pola que se procede á apertura e actualización de datos de todos os integrantes das bolsas de traballo dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.
Prazo para presentar solicitudes: do 15 ao 26 de xaneiro.

Documentación: - Soamente achegarase aquela documentación que non obre en poder desta Administración 

A OPE de referencia é a de 2015.  Os resultados da mesma, así como as tres anteriores, computaranse de oficio. 

Non é necesario achegar documentación.

Servizos prestados

- da Administración de Xustiza do País Vasco computaranse de oficio .
- da Administración de Xustiza fóra  do País Vasco deberán presentar os  CERTIFICADOS ORIXINAIS.

Os integrantes das bolsas actuais non deberán presentar solicitude salvo que queiran modificar os seus datos persoais, o ámbito territorial e/ou achegar nova documentación.