Historia dunha instrución que nunca estivo alí

1 de febreiro de 2018


Hai mañás nas que espertamos co soño último que tivemos durante o sono remexendo na chencha. Non hai maneira de escorrentalo! O moi atravesado martirízanos con imaxes ás veces angustiosas. Onte pasou. Todos espertamos cunha instrución fantasmagórica. Xuraríamos que a vimos, que estaba na intranet. E asinada por Juan José Martín. Logo desapareceu do portal. A nota, Juanjo non. Estaba ou non estaba? Se cadra foi por culpa dunha denuncia ou por “necesidades do servizo” que hoxe hai unha nota informativa onde onte había un soño. Nota que, por certo, non aporta nada novo ao que vén na normativa que xa coñecemos e aplicamos. Asinaríaa Juanjo tamén? Se cadra si, porque ás veces os soños vólvense pesadelos...

ligazón á nota informativa do día 31 de xaneiro
ligazón á instrución do día 30 de xaneiro
ligazón á normativa vixente