A Xunta quere afogar socialmente aos funcionarios da Xustiza e acúsaos de ser uns privilexiados

22 de febreiro de 2018

"publicado en galicia confidencial"

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia


“Non se lle vai subir máis o soldo”. Máis claro e máis contundente non puido ser o presidente da Xunta sobre a folga indefinida que desde hai máis dunha semana manteñen os funcionarios de Xustiza. Unha folga que, como xa adiantou GC, o Goberno da Xunta quere afogar utilizando só o argumento económico e trasladando a imaxe, a través dalgúns grandes medios de comunicación, de que son uns privilexiados por pensar só no diñeiro.

Feijóo advirte que non mudará as condicións económicas presentadas. “Aínda que cambien de interlocutor, non se lle vai subir máis o salario”, dixo ao tempo que advertiu dos comportamentos “dalgunhas centrais negociadoras”.