O conflito na Xustiza segue encallado malia unha nova negociación

19 de febreiro de 2018

"publicado en praza pública"


O comité de folga, recibido en Santiago por compañeiros do sector
O comité de folga recibido en Santiago por compañeros do sector

Logo de seis horas de negociación nunha nova xuntanza entre Xunta e comité para desencallar o conflito, a folga indefinida do persoal da Administración da Xustiza continuará en Galicia. Agás un acordo de última hora que a media tarde deste luns os sindicatos ven "improbable", o paro continuará nos xulgados galegos nas vindeiras horas tras outra infructuosa negociación sen avances.
Foi unha reunión coas posturas moi afastadas e con tensión nunha nova xornada da folga indefinida -o noveno día efectivo- na que, segundo os sindicatos, o seguimento foi "superior ao 90%" de media. Así, as centrais advirten de que os traballadores están dispostos "a resistir o que faga falta" mentres os xulgados traballan con pouco máis que cos servizos mínimos.